Comments

Log in with itch.io to leave a comment.

Boas, desculpa que contactemos así... 

Dende a Fundación Carlos Casares estamos contactando con perfís de Itch.io que facedes videoxogos en galego. Estamos organizando unha game jam, titulada "Dende o galego, con humor", para crear un prototipo de videoxogo en lingua galega entre o 5 e o 12 de decembro, con premios en metálico. Gustaríanos que participases se tes opción e tamén que fagas difusión. 

Podes acceder á jam e ás bases neste enlace: https://itch.io/jam/dende-o-galego-con-humor-game-jam-con-premios 

Grazas!!

(+1)

Encantóume! A idea de introducir a mecánica de combate por turnos en conversacións cotiás coma estas paréceume moi orixinal.

Tiréime dos pelos coa veciña e o vividor; recordos de vietnam, jajajaja.

(+1)

Nin confirmo nin desminto que estean inspirados en casos reais hahaha

(+1)

Boa merda. Encántame tódolos personaxes.

❤️

(1 edit) (+1)

Ben captdados diferntes tipos de personaxes, e o uso do combate dialogado é divertidísimo. O combate da “conversa circular” é especialmente humorístico, e sorprendeume xogar unha partida de rol dentro dun combate RPG… Un toque “meta” fantástico, abofé!

Parabéns polo xoguiño. Goceino moito.

Alégrome de que che gustase. Acabo de meterlle o cuarto encontro, que decidín subir a versión incompleta onte por se non tiña tempo hoxe a rematalo.
Un saúdo e obrigado por xogar!